A DÉBEDA, EN MÍNIMOS HISTÓRICOS

O orzamento de Pontevedra ascende aos 116 millóns, ao incorporarse os remanentes do exercicio anterior

O orzamento de Pontevedra ascende aos 116 millóns, ao incorporarse os remanentes do exercicio anterior

Pontevedra, 16 de abril de 2024. O orzamento de Pontevedra pasa dos 94 millóns aos máis de 116, logo da incorporación de 21,77 millóns de euros dos remanentes do exercicio anterior. 

A débeda en mínimos históricos

Doutra banda, o edil sinalou na súa intervención que a débeda actual do Concello tocou mínimos históricos. “Neste intre a débeda está en pouco máis de 7 millóns de euros, mais a nivel de porcentaxe aínda descende máis, xa que estamos no 8,33 dos ingresos, que podemos traducir en que se unha persoa gaña 30.000 euros o ano, debería 2.400 euros. Esa sería a débeda do Concello. É a cantidade, en termos históricos, máis baixa ao falar de débeda”. 

O concelleiro de Economía e Facenda quixo lembrar que todo isto se vén dando nun contexto de taxas e impostos conxelados, ao igual que nos últimos anos, sumando un total de dez anos, unha década, sen rexistrarse unha suba neste campo. 

Ademais, González indicou que no pasado exercicio o Concello de Pontevedra cumpriu coas tres regras fiscais recollidas na ‘Lei Montoro’ no referido á estabilidade de financiamento, o gasto estivo dentro dos marcos permitidos e a débeda está en mínimos históricos. “Ademais, tamén rebaixamos o período medio de pago”. 

Increméntase a partida de investimentos

O destino dos 21 millóns que se incorporan ao orzamento van ir de xeito maioritario a Investimentos -uns 17,69 millóns de euros-.

O PP impide que o superavit se poda adicar a investimentos

O superávit, -máis de 11,4 millóns- non se poderá adicar a investimentos como se fixo en exercicios pasados xa que ao vetar o PP no Senado o teito de gasto, están activas as regras de estabilidade orzamentaria, a coñecida como Lei Montoro, que impide adicalos a investimentos. 

O orzamento de Pontevedra ascende aos 116 millóns, ao incorporarse os remanentes do exercicio anterior