Un Nadal para VIVIR en Soutomaior
Soutomaior, 28 de novembro de 2024. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña presentaron o Nadal de Soutomaior que se desenvolverá dende o 7 de decembro. Un Nadal que terá como núcleo de centralidade a Alameda de Talo Río onde se instalará unha carpa de Nadal que este ano contará con moitas melloras de confortabilidade.
O Nadal comezará o día 7 de decembro co acendido das Luces e con moitas actividades entre as que se atopa o concerto, nesa xornada, de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Un Nadal onde haberá grandes citas e onde, como novidade, o concello ten organizado unha gran FESTA DE FIN DE ANO con Yaya DJ e unha cabalgata de Reis. Un Nadal para o desfrute de todas as persoas.
O lema deste ano da campaña é VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR porque Soutomaior quere VIVIR: o comercio local, coas campañas de promoción e dinamización económica: NADAL NO PETO, para incentivar o gasto no comercio e hostalería local destinando 1500€ repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20€ nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde o 4 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025, ambos incluídos). Prazo límite de adhesión ata o 21 de novembro de 2024; ADOBIAR O LOCAL para que as rúas lozan bonitas e crear ambientes navideños apoiados co alumeado especial de Nadal; COLABORA COA SAN SILVESTRE, para que as empresas locais se impliquen en eventos como a San Silvestre.
Soutomaior quere VIVIR a economía circular e a solidariedade, co MERCADO DE 2ª MAN porque son moitos os obxectos que poden ter unha segunda e así reutilizar, renovar ou reciclar para así incidir no respecto e coidado polo medio ambiente á vez que fomentamos actitudes solidarias onde compartir o que xa non usamos ou non queremos. Haberá un punto de recollida de alimentos non perecedoiros destinados ás persoas máis vulnerables.
Soutomaior quere VIVIR o deporte, reforzando os vínculos sociais a través das actividades físicas para todos os públicos como na carreira San Silvestre que se desenvolverá o sábado 28 de decembro,
Consulta toda a programación aquí