O Modelo Pontevedra, exemplo no foro de Urbanismo social de Huelva

Foro urbanisno social Huelva. novembro 2025
Foro urbanisno social Huelva. novembro 2025
O Modelo Pontevedra, exemplo no foro de Urbanismo social de Huelva

Pontevedra, 10 de novembro de 2025. A tenente de alcalde Eva Vilaverde, participou o 7 de novembro no evento "Huelva Espazos Urbanos: o urbanismo social", celebrado no Centro Cultural José Luis García Palacios-Fundación Caja Rural del Sur de Huelva. A súa intervención destacou a experiencia da cidade do Lérez como modelo de transformación urbana e a súa contribución esencial ao urbanismo social. 

Interveu nunha sesión que se centrou especificamente no corazón do modelo urbano pontevedrés. A súa presentación, baixo o título "A recuperación do espazo público en relación co tráfico necesario, a mobilidade ao servizo da cidade", subliñou como a estratexia de recuperación do espazo público e a xestión da mobilidade son ferramentas chave para conseguir un urbanismo con foco social. Este enfoque busca reverter a prioridade do automóbil, poñendo as persoas e a súa calidade de vida no centro do deseño urbano. 

A presenza de Pontevedra neste foro, organizado coa colaboración da Universidade de Huelva e outras entidades, consolida a posición do modelo de cidade como un referente internacional para debater e impulsar estratexias que melloren a convivencia e a sustentabilidade a través da transformación dos espazos urbanos.

O Modelo Pontevedra, exemplo no foro de Urbanismo social de Huelva