Manu Lourenzo presenta o Programa Municipal de Ensino ao tecido educativo do concello
![Reunión para presentar o programa municipal de ensino de Soutomaior](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bngpontevedra/images/2025/02/07/2025020717090944027.jpg)
Soutomaior, 7 de febreiro de 2025. Esta mañá o salón de plenos do concello acolleu a reunión que Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e a técnica de Educación, Sonia Pintos, mantiveron coa comunidade educativa do concello. Unha cita na que estiveron convidados e convidadas representantes da Galiña Azul, da EEI de Romariz, do CEIP Manuel Padín Truiteiro, do Colexio Santiago Apóstol, do IES Soutomaior e tamén das ANPAS rexistradas no concello que son a do Padín, do IES e do Santiago Apóstol. O obxectivo e finalidade deste encontro é o de presentar o programa Municipal de Ensino, no que se leva traballando neste curso, dende o mes de setembro, para definir as liñas estratéxicas do programa. A idea é reunir a todas as partes do tecido e poidan aportar medidas ás propostas, algunhas delas xa pechadas de maneira individualizada en función das súas necesidades.
O programa recolle todos os sentires, inquedanzas de cada centro de maneira individualizada e por iso esta mesa ten como fin reunir a todas as partes que están traballando no programa co fin de representar a unidade do traballo de todos os sectores, centros e ANPAS, a prol do ensino.
O obxectivo é coñecer de primeira man as necesitades e inquedanzas das comunidade educativa e buscar a súa implicación coa actividade e proxectos a levar a cabo dende o concello de Soutomaior.
O Programa Municipal de Ensino presenta unhas liñas onde se asina, por primeira vez, un convenio coas ANPAS para que poidan ter marxe de facer programas ou actividades que beneficien a comunidade educativa, e que non quita que o concello tamén terá actividades relacionadas coas ANPAS onde as ANPAS terán moita voz.
A renunión tivo como finalidade poñer sobre a mesa todo o que se está facendo non soamente na área de actividade senon tamén en infraestruturas, e conservación e mantementos dos centros, tamén na parte de intervención socio educativa fora do horario lectivo que ten que ver co reforzo educativo, liña de hábitos saudables que ten que ver coa saúde e o autocoidado, aprendizaxe socioemocional que ten que ver co autocoidado,etc.
A vindeira semana chegará ao CEIP Manuel Padín Truiteiro , ao IES Soutomaior e ao Colexio Santiago Apóstol o noso Entruido da man do antropólogo Rafael Quitía.
E o vindeiro venres as escénicas do programa Goza do teu punto G tamén farán parada nos centros educativos coa visita da música e tradición de Tino Baz.
A finalidade desta mesa e unir esforzos para coñecer de primeira man as necesitades e inquedanzas das comunidade educativa nestes intres e tamén buscar a súa implicación coa actividade e proxectos a levar a cabo dende o concello de Soutomaior.