O lugar do Couso, en Santa María de Xeve, recupera o seu cruceiro

Cruceiro do Couso Recuperación e Restauración
Cruceiro do Couso Recuperación e Restauración
O lugar do Couso, en Santa María de Xeve, recupera o seu cruceiro

Pontevedra, 28 de febreiro de 2025. No mes de agosto do 2019, durante uns traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada PO-223, no lugar do Couso da parroquia de Santa María de Xeve, a cruz do cruceiro alí situada caeu da súa posición no alto. 

O motivo deste accidente non foi outro que un toque accidental na base do cruceiro, que viu a súa cruz caer no chan e sufrir danos que a alteraron gravemente. Permaneceron in situ o varal e o capitel. A veciñanza da zona gardou e coidou os fragmentos da cruz, permitindo e abrindo á porta a súa restauración, labor que o Concello adxudicou á empresa especializada en restauracións BIC Materiales y Conservación S.L. 

Tal e como indican desde a unidade municipal de Arqueoloxía, “a cruz latina do cruceiro ten no anverso a figura de Cristo, case exento, e no reverso a Piedade. O estado de conservación previo á restauración era moi deficiente, con algunha restauración anterior non especializada, o que deixa claro que xa caera anteriormente, e perda de material. A base da cruz permanecía inserida no capitel e foi retirada para a restauración en obradoiro”. 

Así, os criterios seguidos na restauración son os habituais neste tipo de traballos, destacando a preservación de todo elemento orixinal presente; o emprego de materiais reversibles; a mínima intervención; ou a identificación de engadidos. 

As fases de restauración seguidas, que preceden á montaxe que se está a cometer este venres, 28 de febreiro, foron: limpeza, tanto de sucidade como de pátina biolóxica; adhesión das pezas rotas; e reintegración matérica das perdas e das xuntas entre fragmentos. Os traballos de montaxe foron precedidos da roza de vexetación da contorno inmediata, e da estabilización do varal. 

O lugar do Couso, en Santa María de Xeve, recupera o seu cruceiro