Lores agradece a Domínguez que recoñeza que Deputación baixara as transferencias ao Concello e confirma que seguirá defendendo os intereses de Pontevedra
Pontevedra, 29 de outubro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reiterou hoxe a "discriminación" e a "falta de respecto" continuada contra o Concello de Pontevedra por parte da Deputación, tras confirmarse a redución das transferencias a Pontevedra por parte da Deputación.
O rexedor agradeceu a "claridade na exposición" do vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez, quen recoñeceu que durante o ano 2024 o Concello de Pontevedra recibiu soamente 2,5 millóns de euros. Lores subliñou que esta cantidade "nada ten que ver coa media de 3,7 millóns" que recibía da anterior Deputación.
A consecuencia deste trato é que nove concellos con menor poboación que Pontevedra recibiron máis cartos durante 2024. O alcalde puntualizou que estes concellos teñen poboacións de 12.000, 15.000 ou 20.000 habitantes, fronte aos 85.000 que ten Pontevedra, que é, ademais, a "capital da provincia e sede da Deputación Provincial".
Miguel Anxo Fernández Lores insistiu en que non deixará "nunca de reivindicar os dereitos que a cidade de Pontevedra e os veciños e veciñas de Pontevedra teñen respecto á Diputación Provincial que está ninguneando a capital da provincia".