VOTAN EN CONTRA DUNHA INICIATIVA DO BNG QUE DEMANDABA UN MODELO SUSTENTÁBEL, XUSTO E GALEGO

Jorge Cubela e o PP avalan o Plan eólico da Xunta, que afecta gravemente a Cerdedo-Cotobade

Jorge Cubela e o PP avalan o Plan eólico da Xunta, que afecta gravemente a Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade, 27 de maio de 2021. "O BNG lamenta que no pleno municipal celebrado no día de hoxe, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o grupo municipal do PP votasen en contra dunha moción do BNG que propoñía un modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación do territorio", declarou o portavoz municipal Ernesto Filgueira.

Así Cubela e o seu grupo votaron en contra de:

  1. Desenvolver e aprobar un novo marco regulatorio do sector eólico que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais, a comezar por un novo Plan Sectorial Eólico que conte cunha ampla participación dos axentes implicados (asociacións veciñais, agrarias, ecoloxistas, sindicais, centros de investigación, comunidades de montes, etc.) e un amplo proceso de exposición pública co fin de suscitar o maior consenso posíbel.
  2. Dar rango de lei ao impulso de Plans de Desenvolvemento Industrial asociados ás novas instalacións establecendo medidas para que as autorizacións de novos parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren riqueza e emprego no país e favorecer que unha parte das compoñentes sexan desenvolvidos en Galiza.

  3. Impulsar medidas para garantir a socialización dos beneficios do papel xerador de Galiza e o retorno económico para o noso país apostando pola constitución dunha empresa pública galega de enerxía e fomentando a participación pública da Xunta e dos concellos galegos así como das persoas propietarias das terras (comunidades de montes, propiedades agrogandeiras) de maneira que xere rendas complementarias.

  4. Incrementar a vixilancia sobre as garantías medioambientais para asegurar o cumprimento do principio de prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística, a precaución respecto das posibles intervencións que poidan afectar negativamente o patrimonio natural ou a biodiversidade e mais a prevención dos problemas derivados da crise climática.

  5. Garantir unha verdadeira política de transparencia, información e participación cidadá

Jorge Cubela e o PP avalan o Plan eólico da Xunta, que afecta gravemente a Cerdedo-Cotobade