Jacobo Moreira, o mozo dos recados de Tourís
A novidosa forma de comunicación da aprobación do proxecto de cubrición parcial do xacemento da Ponte do Burgo, mediante unha suposta reunión do delegado territorial da Xunta de Galicia, Cores Tourís, e o portavoz municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, e posterior nota de prensa, levou ao goberno municipal de Pontevedra a preguntarse "se o señor Tourís decidiu concederlle a Moreira a condición de mozo dos recados da delegación territorial.
Máis alá do nulo respecto das máis elementais normas de protocolo e das relacións institucionais, cuestión na que os dous personaxes citados actúan con notoria reincidencia, a única explicación do suceso é a posibilidade de que a delegación territorial teña nomeado ao señor Moreira para a notificación de expedientes oficiais.