A II edición de Encestarías vestirá Pontevedra con baloncesto do máis alto nível
Pontevedra, 31 de xullo de 2024. Pontevedra volverá acoller unha nova edición do Encestarías. O torneo de baloncesto chega a súa edición número nove cun cartel de auténtico luxo, reunindo aos dous equipos galegos máis importantes da actualidade (CB Breogán e Basquet Coruña), xunto co AS Mónaco (campión da LNB) e o Valencia Basket.
Pontevedra vivirá dúas xornadas cun baloncesto de altísimo nivel dentro do Pavillón Municipal, ao carón do Lérez entre o 13 e o 14 de setembro.
A alcaldesa accidental, Eva Vilaverde, xunto coa edil de Deportes, Anabel Gulías, destacou o placer que lle produce poder implicar a sociedade pontevedresa nun evento destas características. “A experiencia do ano pasado foi inmellorábel a través dun baloncesto de alta calidade e é imposíbel non pensar naquela presentación”, indicou. “Debemos seguir traballando para que a cidade continúe a gozar con citas deste tipo”.
Diego Doval, coordinador do evento, destacou a participación internacional que supón o desembarco do equipo francés na cidade, que conta con auténticas estrelas dentro do seu cadro de xogadores e que terán en Pontevedra unha cita perfecta de cara á nova tempada.
As entradas poranse á venda o vindeiro 1 de agosto, e poderán ser adquiridas a través da web oficial do evento. Doutra banda, será posíbel adquirilas na tenda deportiva Goleada, situada na rúa Pai Fernando Olmedo.