O I Foro Local da Axenda Urbana puxo o foco na necesidade dunha adecuada planificación territorial e urbana para garantir a sustentabilidade
Pontevedra, 21 de marzo de 2024. O Concello de Pontevedra celebrou o pasado 20 de marzo o I Foro local da Axenda Urbana, un espazo e punto de encontro do futuro do desenvolvemento urbano, onde se abordou a relación entre a Axenda Urbana e a planificación territorial urbana, e como ambas esferas poden complementarse para garantir o dereito da cidadanía a desfrutar dun entorno ben organizado, inclusivo, seguro, resiliente e sustentábel. É importante dispoñer dunha adecuada planificación territorial e urbana para garantir a sustentabilidade.
Neste foro participaron poñentes de primeiro nivel no ámbito das políticas públicas, planificación territorial e desenvolvemento urbano, como Valentina Corsetti, responsábel de cuestións urbanas e territoriais da Comisión Europea, e a presidenta da Unión Internacional de Arquitectos, Teresa Táboas, ademais de técnicos dos ministerios de Mobilidade e Axenda Urbana e Facenda
No Foro, no que a subdirectora de políticas urbanas do ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, resaltou a importancia do Modelo Pontevedra, púxose en común actuacións que se están levando a cabo noutras entidades a nivel local e estatal, ademais de compartirse experiencias e boas prácticas que poidan contribuír e dar continuidade aos obxectivos dos Plans de acción da Axenda Urbana.