O goberno municipal de Barro adxudica a mellora de viais en Agudelo e A Portela
Barro, 3 de xuño de 2021. O Concello de Barro adxudicou o proxecto para a pavimentación e mellora de viais do Plan Marco, co que se vai actuar no vial que une a zona da igrexa de Agudelo cos lugares de Güimil e Os Casás, que quedara sen mellorar durante o proceso de execución de pistas da concentración parcelaria. Actuarase tamén no vial paralelo ao viaduto do tren que une os lugares de Faxil e o Concello, na parroquia de Agudelo e mellorarase o treito máis deteriorado da pista que une o lugar da Porriña, na parroquia da Portela, co Camiño de Santiago.
Este proxecto foi adxudicado á empresa Caldevergazo S.L cun orzamento de 45.771,25 euros.
Estas obras serán executadas durante este mes de xuño e forman parte das actuacións que o Goberno Municipal vai a executar para a mellora da capa de rodadura en viais municipais dentro deste ano.