O GALEGO DÁCHE UN PUNTO aterra un ano máis no concello de Soutomaior

Manu Lourenzo e Sonia Pintos programación Goza do teu punto G 2026
Manu Lourenzo e Sonia Pintos programación Goza do teu punto G 2026
O GALEGO DÁCHE UN PUNTO aterra un ano máis no concello de Soutomaior

Soutomaior, 23 de febreiro de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica de Cultura do Concello, Sonia Pintos, presentaron a programación para as artes escénicas que nos achega, dende Normalización Lingüística, a campaña Goza do teu Punto G, o galego dáche un punto. 

Tal e como afirmou Manu Lourenzo “con esta campaña animamos a toda a veciñanza a Gozar do seu punto Galego nas artes escénicas, na música e no seu día a día e por iso, un ano máis, levaremos adiante actividade e iniciativas de promoción do galego na administración pública e actividades de normalización lingüística que traerán a Soutomaior algunhas das principais referencias artísticas do noso país que nos van  dar un punto en galego e animarannos a gozar dese punto G do idioma”. 

GOZA DO TEU PUNTO G 2026
GOZA DO TEU PUNTO G 2026

O Concello de Soutomaior impulsará accións a través das áreas que  proxectan e conectan directamente coa cidadanía impulsando o galego na escena, ofertando unha axenda municipal na que programaremos espectáculos teatrais dirixidos ao público adulto, á mocidade e ao infantil familiar con propostas de grandes compañías como Ibuprofeno Teatro, Excéntricas, Gallaecia Eventos, A Covas da Letras, Galitoon ou tamén aterrarán en Soutomaior monologuistas da talla de Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Aratxa Treus e Jazmín Abuín, Quico Cadaval, Evaristo Calvo ou Leti da Tabera ou narradoras orais como Vero Rilo. 

Todos estes espectáculos serán de balde ata completar o aforo, o espazo onde se celebrarán estas citas coas artes escénicas será o Multiúsos de Arcade. 

O GALEGO DÁCHE UN PUNTO aterra un ano máis no concello de Soutomaior