Os Feroz servirán de prácticas para 65 estudantes de Comunicación de Pontevedra
O convenio fixa o marco dunha convocatoria de prácticas de 65 estudantes que van colaborar coa AICE tanto nas actividades previas como na gala de entrega de premios do vindeiro 25 de xaneiro de 2025. A organización dos Feroz contará con estudantes dos graos de Publicidade e Relacións Públicas (62), de Comunicación Audiovisual (2) e do Máster en Creación de Contidos Dixitais e Redes Sociais (1).
Ademais, o convenio implica que se constitúa unha comisión mixta con representantes designados polos órganos de goberno de ambas as partes de forma paritaria. Esta comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das actuacións derivadas do acordo marco e resolverá todas as cuestións relacionadas co mesmo e os acordos específicos.
Para a Facultade de Comunicación supón a posibilidade de que os estudantes se acheguen a unha parte fundamental do sector audiovisual, como son os festivais e galas de premios, vivindo a experiencia directamente con profesionais e tendo unha visión real do evento, para entender o traballo, esforzo e dedicación que hai detrás.
Un convenio entre AICE e a Universidade de Vigo permitirá que participen dos eventos previos á Gala do 25 de xaneiro, pero tamén que estean presentes na organización da propia Gala.
Anabel Gulias recoñeceu estar encantada “da repercusión que está tendo a programación previa dos premios Feroz e a resposta da veciñanza”. De feito expicou que “mesmo os directores e as directoras que pasaron polo momento están abraiados e abraiadas ao ver as salas cheas de xente para ver os seus filmes”.
Indicou que “os Feroz é un evento que vai enriquecer a cidade dende diferentes puntos de vista e estamos falando de posicionamento e promoción da cidade. É obvio que imos ter un retorno directo e indirecto. E sempre me gusta recordar que estamos programando para ter unha gala na peor época do ano para os sectores económicos, que é o mes de xaneiro, e vai a contribuir a que favoreza ese desenvolvemento económico da nosa cidade”
Recordou que ademais de supoñer un aumento da programación cultural “estamos moi contentas polo afianzamento da nosa relación coa universidade. Sempre foi boa, pero creo que nos Feroz estamos dando exemplo de como debe interactuar unha universidade cunha cidade. Creemos sempre que se deben aproveitar as sinerxias e queremos tamén colaborar porque esperamos que o estudiantado da facultade vexa a nosa cidade como un asentamento profesional”.
Tamén adiantou que o Concello está a traballar na posibilidade de mediar na sinatura doutros convenios de prácticas como sería o caso do Centro integrado de formación profesional Carlos Oroza (en relacion ao Protocolo) e coa Fundación Xoan XXIII.
A decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres afirmou que “para nós como centro, é un verdadeiro luxo, é unha oportunidade de ouro porque nos están traendo á porta da casa un evento fundamental para a formación dos profesionais que estamos formando na casa”. Recoñeceu que “esa participación dos nosos estudiantes é enriquecedora a todos os niveis, porque estamos falando de que en Pontevedra van a participar dun evento de carácter nacional dos máis potentes e van a poder deixar ver o seu bofacer; e ao seu nivel formativo e a súa preparación para poder facer fronte a eventos deste tipo.
A vicerreitora de Comunicación, Mónica Valderrama, destacou a importancia das relacións entre a cidade e a Universidade, e da importancia de que o alumnado plasme na realidade os seu coñecementos e saber da utilidade do que están a aprender nas aulas.
Ademais, o convenio implica que se constitúa unha comisión mixta con representantes designados polos órganos de goberno de ambas as partes de forma paritaria. Esta comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das actuacións derivadas do acordo marco e resolverá todas as cuestións relacionadas co mesmo e os acordos específicos.