Espazo Concilia para o nadal en Soutomaior
Soutomaior, 24 de novembro de 2025. O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa Espazo Concilia de Nadal destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola.
A concelleira de Igualdade e de Benestar, Rosana Martínez Boullosa, e a avogada do CIM, Clara Rodríguez, presentaron a oferta de conciliación, un programa, que conta con 50 prazas, e que vai dirixido ás crianzas empadroadas no Concello de Soutomaior de entre 3 e 16 anos de idade.
O horario deste Espazo Concilia de Nadal, para todas as idades, é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h . Polo tanto existen 4 horarios a escoller: opción 1: de 9 a 14 h. ; opción 2: de 8 a 14 h.; opción 3: de 8 a 15 h.; opción 4: de 9 a 15 h.
A inscrición das solicitudes pode facerse dende o martes 2 de decembro ás 9:30h. ata o martes 9 de decembro ás 14:00h.
O Campamento desenvolverase do 22 ao 31 de decembro no edificio do Centro de Benestar Integrado (Multiúsos).
Valoracións e puntuación
Asignaranse as prazas segundo criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición: familias empadroadas ou que traballen no termo municipal; familias monomarentais / parentais; mulleres en situación de desemprego; vítima de violencia de xénero; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares; familias con diversidade funcional; Familias numerosas e renda por debaixo de 20.844,72€
A documentación a presentar na plataforma durante a inscricións será: DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia); DNI da nai e o pai; acreditación dos criterios de vulnerabilidade; cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes.