O Espazo de Autocoidado chega, un ano máis, con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres de Soutomaior

O Espazo de Autocoidado chega, un ano máis, con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres de Soutomaior

Soutomaior, 17 de decembro de 2025. O concello presenta unha nova edición do Espazo de Autocoidado, un programa de intervención comunitaria, promovido pola Concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior e o CIM, que está orientado principalmente a mulleres empadroadas, facendo intervencións desde diferentes perspectivas e orientacións para promover a definir a procura dos seus proxectos vitais, da súa identidade e da súa autonomía. Abrangue tamén aspectos da súa orientación persoal, social e laboral, así coma a promoción do tecido e fortalecemento de redes sociais  e de apoio entre elas baixo  o principio de sororidade.

Os obxectivos do programa son: reforzar a autoestima e o autoconcepto das destinatarias, a creación de rede social e tecido comunitario, apoderamento a través do traballo emocional, artístico e corporal, fomentar o traballo corporal e de consciencia do corpo como xeito de apoderamento corporal, visibilizar e xestionar os conflitos emocionais a través da arte e o de promover hábitos de saúde e de autocoidado como ferramenta clave para o benestar.

E tal e como informan dende o CIM os resultados agardados no desenvolvemento do programa son os seguintes: a mellora da autorregulación emocional e redución dos niveis de ansiedade das participantes, o aumento do autocoñecemento e a capacidade reflexiva, na súa autopercepción e autoestima, a mellora na responsabilidade do proceso de Apoderamento,  a toma de decisión e autocoidado, a promoción de hábitos de saúde e espazos de calma e calidade comunitaria.

Con todo, este Espazo de Autocoidado achegará ao Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) de Arcade o obradoiro de Solo Pelviano, de Apoderamento Corporal, de Mindfullnes, meditación e relaxación, de Arteterapia, de Biodanza, de Defensa Persoal, de Autoestima, de Escrituras e Narrativas e o de autocoñecemento para o bo trato.  Obradoiros todos eles que se irán desenvolvendo no primeiro semestre do 2026, dende xaneiro ata xuño. 

Obradoiros todos eles, de balde, que precisan inscrición previa que se realizará a través da web do concello  

Terán prioridade na admisión dos obradoiros,  as mulleres en situación de especial vulnerabilidade segundo criterios establecidos na orde do Programa de Igualdade e Prevención da violencia de xénero 2025-2026.

O Espazo de Autocoidado chega, un ano máis, con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres de Soutomaior