A Escola Feminista para a Mocidade continúa ofrecendo en Pontevedra formación, encontro e reflexión
Pontevedra 18-12-2023. A Escola Feminista para a Mocidade é un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista dirixida preferentemente a mozos e mozas de 15 a 35 anos, mais tamén (para algunhas das accións) a outros grupos de idade.
A edición deste ano botou a andar xa en novembro, contando cun éxito de asistencia nas distintas actividades que se veñen celebrando. A Escola Feminista continuará nas vindeiras semanas, seguindo aberta a inscrición dos obradoiros que restan por celebrar. A preinscrición pode ser realizada a través de formulario en liña aberto na páxina oficial do Concello.
Logo do fin da preinscrición avisarase as persoas admitidas en cada actividade para que formalicen a súa inscrición definitiva coa achega da documentación necesaria. Para máis información, é posíbel contactar coa Oficina de Xuventude, en horario de 09.00 a 14.00 horas na Casa da Luz, no teléfono 986840367 ou no correo electrónico [email protected].
Aínda é posíbel solicitar praza en:
- Obradoiro sobre a Familia: onde se abordarán os patróns familiares e o lastre que estes poden supoñer. Aprendizaxe dos límites, disfuncionalidades e peso destas no machismo. Data : sábado 27 xaneiro de 2024 de 10 a 15 h e de 16 a 20 h.
- Curso de Igualdade e prevención das violencias machistas: formación teórico-práctica sobre a igualdade, os feminismos e a prevención nas diferentes tipoloxías da violencia machista. Datas: 20, 27 febreiro e 5 de marzo de 2024. Horario de 17 a 20 h.
- Curso de Historia dos Movementos Feministas: A Cuarta Ola do movemento feminista. Os movementos feministas ata a actualidade. Ecofeminismos e feminismos interseccionais e poscolonais. Datas :12, 19 e 26 de marzo de 2024. Horario de 17 a 20 h.
- Obradoiro “Como Axudo?” Modos de acompañar as afectadas polas violencias machistas: estratexias de comunicación. Procesos, achegas e comportamentos para acompañar.