A empresa ‘Invelon Technologies’ será a encargada de crear o novo centro de visitantes e a experiencia inmersiva exterior do ‘Museo24/7’ da Carballeira e o Xardín Botánico de Caldas

A empresa ‘Invelon Technologies’ será a encargada de crear o novo centro de visitantes e a experiencia inmersiva exterior do ‘Museo24/7’ da Carballeira e o Xardín Botánico de Caldas

Caldas, 10 de abril de 2026. A empresa ‘Invelon Technologies’ será a encargada de crear o novo centro de visitantes e a experiencia inmersiva exterior do ‘Museo 24/7’ da Carballeira e o Xardín Botánico. Así o confirmou hoxe o tenente de alcalde Manuel Fariña, quen destacou que a firma xa está a traballar para converter o auditorio “nun espazo interpretativo diferencial que será referente do turismo intelixente e automatizado”.

O responsable de Cultura destaca que a compañía é unha empresa tecnolóxica catalana especializada no desenvolvemento de solucións de realidade virtual que conseguiu una moi boa valoración técnica da mesa de contratación do Concello tanto pola súa proposta de traballo como pola económica, chegando a 91 puntos sobre 100. Para facerse co contrato presentou unha oferta de 378.000 euros, mellorando sensiblemente a base de 471.960 euros da licitación.

O labor da tecnolóxica será encargarse de transformar e adecuar as salas de exposición do actual Auditorio Municipal nun centro de visitantes da Carballeira e o Xardín Botánico, así como de desenvolver o ‘vídeomapping’ que enriquecerá a visita ao conxunto natural exterior dentro do proxecto de ‘Museo aberto 24/7’ das persoas visitantes.

No que se refire ao centro de intepretación, instalará e desenvolverá unha experiencia interpretativa de vangarda as 24 horas do día que as conecte ao público co patrimonio natural e a historia de Caldas de Reis explicando os valores do BIC mediante o uso eficiente da tecnoloxía.

Fariña explica que o auditorio municipal converterase así nun área interpretativa inmersiva e diferencial “que non só informará, senón que emocionará, convertendo a visita nunha viaxe polos sentidos que conecta o termalismo decimonónico e a botánica científica cos intereses, referencias e preocupacións actuais do público”.

A máis, o centro será un referente de turismo intelixente e automatizado seguindo o modelo ‘ 24/7’. Romperá as barreiras horarias tradicionais, e ofrecerá un recurso autoxestionado e domotizado que dará resposta ás necesidades das persoas peregrinas e turistas contemporáneas, garantindo unha experiencia enriquecida con acceso en calquera momento.

A proposta, apunta o tenente de alcalde, entende o centro como a porta de entrada tecnolóxica das persoas visitantes ao ámbito exterior. A intención é que a experiencia comece no interior para prepararse e enriquecer a exploración real do Xardín e a Carballeira, onde a realidade aumentada e as ferramentas TIC funcionarán como novas capas de información que revelan elementos "invisíbeis" ao ollo humano. A intención é que ao saír, o público chegue ao Paseo dos Plátanos para vivir unha nova experiencia inmersiva na que o chan se concibe como un tapiz dinámico no que se proxecta unha animación en secuencia continua duns 90 segundos.

A empresa ‘Invelon Technologies’ será a encargada de crear o novo centro de visitantes e a experiencia inmersiva exterior do ‘Museo24/7’ da Carballeira e o Xardín Botánico de Caldas