A embaixada de Palestina no Estado español agradece a Pontevedra o seu apoio
Pontevedra, 17 de outubro de 2025. O Concello de Pontevedra recibiu esta semana unha carta emitida polo embaixador de Palestina no Estado español, Husni Abdelwahed, no que agradece o apoio amosado polos grupos políticos do Concello de Pontevedra que votaron a favor da moción levada ao pleno ordinario do pasado 22 de setembro, de condea ao xenocidio.
O embaixador sinala, en nome de Palestina e o seu pobo, “nuestro más sincero agradecimiento por este gesto de apoyo y solidaridad con nuestra causa justa. Agradecemos y valoramos profundamente esta declaración, que representa un compromiso firme con la paz, la justicia y los derechos humanos”.
“Le confirmo que la opción estratégica de nuestro pueblo palestino es la paz justa y duradera, basada en las normas internacionales, la legitimidad internacional las resoluciones de las Naciones Unidas, y Una vez más quiero agradecer vuestra condena a la brutal y salvaje agresión israelí, que lleva adelante una política de genocidio contra nuestro pueblo”, finaliza a misiva.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembra que “todos os xestos son poucos á hora de poñer o foco do mundo sobre Palestina e o xenocidio que Israel comete na rexión”. “Como Concello fixemos o que tiñamos que facer, con humildade, que é pedirlles aos responsábeis internacionais buscar unha solución e un final a unha masacre sobre a poboación civil, á destrución dun pobo que leva décadas resistindo”.
O rexedor amósase agradecido pola carta enviada desde a embaixada, e sinala que toda acción a favor da paz, individual ou colectiva, é importante, lembrando o evidente e masivo compromiso que Pontevedra e a súa veciñanza amosou con Palestina nos últimos meses, ben asistindo a concentracións e manifestacións, ben pendurando nos establecementos comerciais e de todo tipo carteis de apoio.