MOBILIZACIÓN CONTRA OS RECORTES EN EDUCACIÓN

En defensa dun ensino público de calidade

En defensa dun ensino público de calidade

Pontevedra, 30 de outubro de 2025. O profesorado galego está facendo un grande esforzo económico e laboral secundando as dúas xornadas de folga convocadas para o 27 e 28 de outubro pola CIG e o STGA, que se suman á do pasado 25 de setembro. A asistencia ao peche  do Valle Inclán e á manifestación posterior en Pontevedra desbordou todas as previsións. 

O pasado  27 de outubro un cento de docentes ficaron pechados no IES Valle Inclán de Pontevedra, ao igual que se fixo nas outras capitais de provincia e algunhas vilas do país, durante toda a tarde e quedando unha parte deles durante toda a noite para manifestar o seu malestar polos recortes á calidade do ensino público, recortes laborais e recortes profesionais. Protestando unha vez mais pola recuperación dos dereitos que lles foron roubados.

O día 28 pola mañá mais de 2000 docentes da provincia de Pontevedra colapsaron as rúas da cidade berrando e protestando lemas  como “Román escoita o ensino está en loita”, “mais profesores e menos burocracia”, “O público é servizo e o privado beneficio”, “pola recuperación dos nosos dereitos, o ensino é un servizo e non un privilexio”... e outros lemas relativos a todas as reivindicacións do colectivo.

O conflicto está presente, as reivindicacións son públicas e compartidas pola maioría social do país. Porque queremos que os nosos fillos e fillas teñan un ensino de calidade é impresincíbel dignificar o ensino público e as condicións de traballo do persoal docente. Non podemos permitir que se sigan a recortar docentes para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais, que se reduza profesorado, que as orientadoras atendan un número imposibel de alumnado... A consellaría ten que aprender que o ensino é unha inversión e non un gasto.

O BNG comparte a loita do profesorado en defensa dos seus dereitos e polos dos nosos fillos e fillas, por participamos na masiva manifestación que percorreu as rúas de Pontevedra, desde a avenida Montero Ríos até a sede da Xunta en Campolongo. 

No BNG imos estar sempre na defensa dun ensino público, galego e de calidade.

 

Cartafol fotográfico

En defensa dun ensino público de calidade