NADA SE SABE DA MATERIALIZACIÓN DO ACORDO PLENARIO SOBRE A RETIRADA DAS CONTAS BANCARIAS DE ABANCA

Cubela rexeita aclarar no Pleno por que lle mentíu aos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade co parque eólico dos Cotos

Cubela rexeita aclarar no Pleno por que lle mentíu aos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade co parque eólico dos Cotos

Cerdedo-Cotobade, 27 de xaneiro de 2022. O portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, lamentou hoxe que o alcalde non contestase ás preguntas formuladas polo BNG no Pleno celebrado no día hoxe e se remitise a que se “enviarán as respostas por escrito”. 

Filgueira criticou a actitude do alcalde e lembrou que “nos dous anos e medio que levamos de mandato aínda falta a primeira vez que nos respostase por escrito, cando dixo que se nos contestaría por escrito. A que ten medo? A quedar en evidencia, como un mentireiro, diante dos veciños e veciños do noso pobo?”

As preguntas dos nacionalistas incidían en dous temas de actualidade: o parque eólico dos Cotos e as medidas contra o peche da sucursal de Abanca en Carballedo.

No primeiro tema, Filgueira formulou unha pregunta e un rogo. A pregunta facía referencia aos motivos que levaron ao  alcalde a mentirlles aos veciños e veciñas, cando afirmou o pasado 27 de xullo, no pavillón municipal de Carballedo diante dun cento de persoas, que non había nada nin na Xunta nin no Concello sobre o Parque eólico dos Cotos cando se demostrou que era coñecedor dos mesmos desde xaneiro de 2021, e o rogo era que o alcalde fixese pública a “dura carta” que anunciou ía enviar á Directora Xeral de Planificación Enerxética da Xunta.

No que respeita a Abanca, o portavoz nacionalista, lembrou que o pleno municipal acordou en xuño pasado, por unanimidade retirar as contas municipais de Abanca e promover a chegada doutra entidade financieira. Neste sentido, Filgueira preguntoulle ao alcalde se xa foron retiradas s contas e, en caso contrario, cando ten pensado cumprir co acordo plenario. No que se refire á chegada dunha nova entidade financieira preguntouse polas xestións se fixeron desde o goberno municipal?

Cubela rexeita aclarar no Pleno por que lle mentíu aos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade co parque eólico dos Cotos