A conta xeral de Soutomaior reflicte cifras récord

Diego Moreira e Manu Lourenzo no pleno
Diego Moreira e Manu Lourenzo no pleno
A conta xeral de Soutomaior reflicte cifras récord

Soutomaior, 28 de xullo de 2025. A conta xeral do 2024 foi  aprobada cos votos a favor do Goberno Local e a abstención do PP, no pleno da corporación celebrado o 24 de xullo. Este documento técnico, obxectivo e contable avala a boa situación económica do concello de Soutomaior. 

Tal e como nesta xornada expuxo o alcalde, Manu Lourenzo, o orzamento do 2024 de Soutomaior comezou en 6,7 millóns de euros e rematou con 8,2 millóns de euros, o mellor orzamento da historia de Soutomaior, cunha execución orzamentaria do 83% isto “é posible grazas a unha xestión económica, seria, rigorosa e onde se fiscaliza ata o último céntimo que entra no concello. Un concello onde neste 2025 remataremos o ano mellorando esa cifra e chegando a un orzamento total de case 9 millóns de euros”. 

Unha conta xeral que deixa patente tamén que ademais de aumentar a súa cifra total e o gasto en investimentos, o concello de Soutomaior tamén aforra pasando dun remanente de 1,71 a 1,73 millóns de euros. Todo, engade Lourenzo, “sen subir ningún imposto, agás o taxazo de Sogama da Xunta de Galiza, algo que tivemos que levar a cabo por imperativo legal”. 

Manu Lourenzo quixo nesta xornada “agradecer o traballo dos técnicos e técnicas do concello, grazas a estes resultados o actual Goberno de Soutomaior conta con 0 reparos nos dous anos de mandato fronte aos 40-50 reparos que tiña anualmente o anterior Goberno do Partido Popular”. 

A conta xeral de Soutomaior reflicte cifras récord