O Concello de Soutomaior licita a reforma e instalación de tres novas pistas de pádel na Montesiña

nenos practicando pádel
nenos practicando pádel

Soutomaior, 16 de xuño de 2026. O Concello de Soutomaior deu un novo paso para mellorar as infraestruturas deportivas municipais coa publicación da licitación da obra de reforma e instalación de tres pistas de pádel no complexo deportivo da Montesiña. O prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o vindeiro 6 de xullo. 

Esta actuación permitirá transformar a actual pista de tenis situada na parte baixa do recinto en tres novas pistas de pádel, ademais de ampliar a bancada lateral e adaptar a cuberta ás novas dimensións da superficie de xogo. O investimento supera os 260.000 euros.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou que “seguimos avanzando na modernización das instalacións deportivas municipais para ofrecer espazos de maior calidade e responder ás demandas actuais da veciñanza. Esta actuación supón un paso importante para consolidar a Montesiña como un referente deportivo no municipio”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Gonzalo Outeiro, subliñou que “o pádel é unha disciplina cunha demanda crecente en Soutomaior e estas novas pistas permitirán ampliar a oferta deportiva municipal, mellorar as condicións de práctica e facilitar a organización de actividades e competicións”.

Desde o Goberno local sinalan que, unha vez rematado o proceso de contratación, as obras executaranse cun prazo previsto de catro meses.

O Concello de Soutomaior licita a reforma e instalación de tres novas pistas de pádel na Montesiña
O Concello de Soutomaior licita a reforma e instalación de tres novas pistas de pádel na Montesiña