SUPORÁ UN ANTES E UN DESPOIS PARA O NUCLEO URBANO DE ARCADE

Soutomaior investirá 750.000 euros no Camiño de Santiago ao seu paso polas rúas Coutada e Fonte do Conde

infografía humanización camiño de santiago
infografía humanización camiño de santiago
Soutomaior investirá 750.000 euros no Camiño de Santiago ao seu paso polas rúas Coutada e Fonte do Conde

Soutomaior, 25 de novembro de 2024. O concello de Soutomaior acada unha nova subvención por valor de 370 mil euros ao abeiro do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galiza, co proxecto “Humanización do Camiño de Santiago no paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde”.

Esta obra de 750 mil euros farase a metade con fondos propios do concello e a outra metade coa subvención da Xunta de Galicia. Un proxecto, vital para o concello, é que foi redactado pola empresa Urcoin,  liderada polo prestixioso enxeñeiro Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia.  

A obra servirá  tamén para renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verquidos

Importante destacar que 150 mil euros da inversión deste proxecto irán destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verquidos.

Tal e como dixo nesta xornada o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “unha subvención que puidemos conseguir grazas a que somos un Goberno que actuamos con previsión e tiñamos proxectos madurados. Foi unha actuación complicada porque a convocatoria foi en agosto cando temos menos persoal no concello e ademais había pouco prazo para presentalo. Pero grazas a que o concello de Soutomaior foi capaz de anticiparse e presentar un bo proxecto en tempo e forma acadamos esta subvención que nos vai a permitir ter unha obra que vai a ser un antes e un despois para o núcleo urbano de Arcade”. 

Soutomaior investirá 750.000 euros no Camiño de Santiago ao seu paso polas rúas Coutada e Fonte do Conde