O Concello de Pontevedra e Telpark recuperan a campaña de descontos nos estacionamentos da Alameda e da praza do Concello

Anabel Gulías
Anabel Gulías
O Concello de Pontevedra e Telpark recuperan a campaña de descontos nos estacionamentos da Alameda e da praza do Concello

Pontevedra, 8 de setembro de 2025. O Concello de Pontevedra e Telpark, concesionaria dos estacionamentos da Praza do Concello e de Montero Ríos, volven a poñer en marcha unha campaña de descontos en ambos aparcadoiros. A promoción estará dispoñible até o 30 de setembro, ambos os dous incluídos. No caso do estacionamento da Alameda, permitirase estacionar durante 12 horas por 3,39 euros, é dicir, un 54% menos que na tarifa actual; e na praza do Concello tamén será por un período de 12 horas e un prezo de 3,59 euros, o que supón un desconto do 57% respecto do prezo habitual. Estes bonos terán un ano de caducidade dende a data de compra. 

Os usuarios poderán beneficiarse do desconto mediante a adquisición de bonos Multipass de 5, 10 ou 20 pases a través da aplicación de Telpark. Unha vez mercados, bastará con introducir a matrícula do vehículo para que se active automaticamente o sistema de acceso e saída mediante lectura dixital, axilizando o proceso e eliminando pasos como a retirada de ticket ou o pago manual. Ademais, poderase cambiar a matrícula asociada ao pase Multipass con total flexibilidade. 

Esta campaña incorpora ademais un beneficio adicional: un 30% de desconto na carga de vehículos eléctricos para todos os usuarios que adquiran un pase Multipass, aplicable ata o 31 de decembro en calquera aparcadoiro Telpark con puntos de recarga en España. 

A Concellaría de Promoción Económica, que xestiona Anabel Gulías volve colaborar con Telpark polos beneficios que a acción ten sobre o fomento da economía local ao facilitar o estacionamento a residentes e visitantes no centro da cidade. 

O Concello de Pontevedra e Telpark recuperan a campaña de descontos nos estacionamentos da Alameda e da praza do Concello