O Concello de Pontevedra e Sirio elaboran un “plan eclipse” para gozar de xeito seguro dos próximos fenómenos astronómicos

Rolda eclipse
Rolda eclipse
O Concello de Pontevedra e Sirio elaboran un “plan eclipse” para gozar de xeito seguro dos próximos fenómenos astronómicos

Pontevedra 14 de febreiro de 2025. O concelleiro de Cultura e Xuventude, Demetrio Gómez, presentou xunto a David Filgueira da Asociación Astronómica Sirio un plan elaborado para poder gozar dos eclipses de xeito seguro. 

“Son os nosos especialistas de Pontevedra en observación astronómica e con eles imos realizar unha actividade moi interesante para prepararnos para o que vai vir: o trío de eclipses que teremos nos próximos anos, un fenómeno astronómico que probablemente sexa único nas nosas vidas.

0 29 de marzo deste ano vai haber un eclipse previo que vai ser tamén moi espectacular porque se vai cubrir case o 31% do sol.

Para fomentar que a poboación pontevedresa goce de xeito seguro dos fenómenos que están por vir, Demetrio anunciou unha xornada de formación, de carácter moi práctico e con inscrición necesaria en [email protected] xa que “está aberta a calquera persoa pero no caso de que haxa máis demanda que prazas, priorizarase a ensinantes, directivos de ANPAS e profesionais de empresas de tempo de lecer, xa que iso nos permite despois chegar a moito máis público” 

Esta xornada formativa terá lugar o próximo martes 18 ás 18h. no Salón de Actos do Pazo da Cultura, levada pola asociación Sirio con 3 obxectivos: 

  • Coñecer ben os riscos que pode comportar ollar directamente cara ao sol/eclipse. 
  • Coñecer métodos de observación segura (indirecta) - Aprender a construír un mecanismo de observación caseiro. 
  • Entender a importancia do evento astronómico deste ano e dos seguintes.

Posteriormente á formación, “o sábado 29 a partir das 10.15 da mañá estarán na Ponte do Burgo para observar o eclipse que se vai producir este ano. Grazas a Asociación Sirio contarase cunha serie de materiais que permitirán observar o eclipse, tanto directa como indirectamente. Van asesorar tamén ás persoas que por alí se acheguen, ademais de repartir 2000 lentes para observar alí. 

Escolleuse a Ponte do Burgo porque o eclipse comeza sobre as 10.40h e a esa hora o Sol está cara o leste de Pontevedra e ese é punto con mellor visibilidade. O eclipse que teremos o vindeiro 29 de marzo será parcial, vai ocultar aproximadamente o 31% do disco do Sol e vaise empregar como quecemento do trío de eclipses que veñen a partir do ano que vén. Especialmente importante vai a ser o eclipse do 2026 que vai ser case total en Pontevedra con máis do 99% do Sol oculto pola sombra da Lúa. 

Eclipse 29 de marzo
Eclipse 29 de marzo

Tren de eclipses


2026 - 12 de agosto - Máximo do eclipse ás 18:30 - 99 ́58% - Total en Galiza
2027 - 2 de agosto - Máximo do eclipse ás 08:45 - 77’16% - Total no sur da Península 

2028 - 26 de xaneiro - Máximo do eclipse ás 16:52 - 72 ́16% - Na Penísula, anular.

O Concello de Pontevedra e Sirio elaboran un “plan eclipse” para gozar de xeito seguro dos próximos fenómenos astronómicos