O Concello de Pontevedra promove un curso de formación sociosanitaria domiciliaria con Idades, para avanzar na profesionalizacion do sector

Anabel Gulías
Anabel Gulías
O Concello de Pontevedra promove un curso de formación sociosanitaria domiciliaria con Idades, para avanzar na profesionalizacion do sector

Pontevedra, 22 de abril de 2026. A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa empresa Idades, promove un curso de atención sociosanitaria domiciliaria co fin de avanzar na profesionalización dun sector con demanda crecente e altamente feminizado.

O curso desenvolverase do 4 ao 15 de maio, de 16.30 a 20.30 horas, nas dependencias da Casa Azul (Sor Lucía), onde se montará unha aula con cama artellada, grúa, cadeiras adaptadas e outros instrumentos e materiais utilizados no coidado de persoas maiores, con discapacidade ou dependencia permanente ou parcial (por enfermidade ou accidente) para que o alumnado aprenda o seu uso, amais dos coñecementos sociosanitarios básicos para o exercicio da profesión.

A formación completarase con 20 horas de prácticas en domicilios, atendidos por traballadoras/es de Idades. En total serán 60 horas de formación.

O curso é de balde e conta con prazas limitadas. É preciso inscribirse, ben a través do enderezo electrónico enedina@idades.es ou no teléfono 615 430 257 (horario de mañá).

Aberto a calquera persoa, a experiencia amosa que o perfil máis repetido neste tipo de cursos é unha muller, que xa coida a persoas en domicilios de xeito informal e interesada en mellorar os seus coñecementos para poder implementar a súa empregabilidade, segundo explica Enedina Torres, coordinadora do curso.

O curso de atención socio-sanitaria domiciliaria que impulsa Benestar Social abre o camiño cara a profesionalización. Quen supere as 60 horas de formación recibirá un diploma habilitador, un chanzo no camiño para a obtención do Certificado de Profesionalidade da Xunta de Galiza, que acredita as competencias laborais.

O Concello de Pontevedra promove un curso de formación sociosanitaria domiciliaria con Idades, para avanzar na profesionalizacion do sector