O Concello de Pontevedra instala dúas estacións públicas de reparación e inflado de bicicletas na Ponte do Burgo e no Gorgullón

Presentacion estacion de reparación e inflado bicis da ponte do Burgo
Presentacion estacion de reparación e inflado bicis da ponte do Burgo
O Concello de Pontevedra instala dúas estacións públicas de reparación e inflado de bicicletas na Ponte do Burgo e no Gorgullón

Pontevedra, 10 de xullo de 2026. Pontevedra conta dende hoxe con dúas estacións públicas de reparación e inflado de bicicletas, un soporte de autoservizo deseñado para calquera tipo de bicicleta. Os dous novos puntos atópanse situados no Camiño de Santiago, concretamente na praza da ponte do Burgo e no inicio do Gorgullón. O obxectivo desta medida é facilitar que as persoas usuarias poidan realizar de xeito autónomo o mantemento, a reparación e a limpeza dos seus vehículos nun único punto.

O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda visitou esta mañá a estación do Burgo e salientou a relevancia das localizacións elixidas, definíndoas como dous puntos estratéxicos. Explicou que a praza do Burgo é un espazo de paso para a maioría dos afeccionados ao ciclismo que parten cara a diferentes rutas, mentres que o Gorgullón destaca pola afluencia de peregrinos que viaxan en bicicleta. Segundo indicou o concelleiro, este servizo mellorará as condicións de mantemento de deportistas, afeccionadas e usuarias da bicicleta como medio de mobilidade ordinario.

O funcionamento do sistema é sinxelo e require introducir unha moeda que se devolve de forma automática ao rematar o traballo, cun mecanismo similar ao dos carros de supermercado. Para facilitar o manexo, o soporte dispón de ganchos con proteccións de goma que permiten colgar a bicicleta comodamente sen danar a súa estrutura.

A estación ofrece un conxunto de ferramentas de alta calidade que están suxeitas con cables de aceiro galvanizado para evitar roubos. O equipamento inclúe unha bomba de pé de aire para inflar as rodas, chaves hexagonais Allen de varios tamaños, chave inglesa, alicate, desparafusadores plano e de estrela, e desmontables para retirar a cuberta da roda.

O Concello de Pontevedra instala dúas estacións públicas de reparación e inflado de bicicletas na Ponte do Burgo e no Gorgullón