O Concello de Pontevedra incorpora unha parcela estratéxica na entrada de Pasarón de cara a integración da Avenida de Compostela na cidade
Pontevedra. 23 de outubro de 2025. O Concello de Pontevedra incorpora ao patrimonio municipal unha nova parcela na entrada de Pasarón, valorada en preto de 70.000 euros. Trátase dunha esquina de 300 metros cadrados, que se sitúa ao comezo da Avenida de Compostela, entre o estadio e a mesma, na rua de Leonardo Enríquez.
O rexedor destacou que esta actuación enmárcase dentro da mellora substancial desta zona, situándose como crucial para avanzar na futura integración da Avenida de Compostela. Dita integración faise posible grazas á cesión previa da estrada N-550 por parte do Ministerio de Fomento.
Seguindo as palabras do alcalde, o obxectivo fundamental que está por vir é calmar o tráfico e conectar o barrio do Burgo co campus universitario. Nese sentido, o Concello está a planificar unha asistencia técnica para determinar as mellores alternativas urbanísticas. Entre as actuacións previstas inclúese a eliminación da pasarela superior de paso, que sería substituída por un lombo grande para calmar o tráfico.
Mentres se executan as obras definitivas, a nova parcela facilitará o acceso a esta pasarela, permitindo que a xente que vai desde O Burgo poida acceder ao colexio sen necesidade de pasar pola rotonda.