Concello de Pontevedra e Escola Oficial de Idiomas convocan o XVI Certame de microrrelato en Galego
Pontevedra, 3 de marzo de 2026. O edil de Normalización Lingüística presentou, acompañado de María Fernández González, directora da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e Elma Barreiro Abad, secretaria da EOI e membro do EDLG, a vindeira edición do Certame de microrrelato en galego. O evento, que chega á súa 16 edición, terá lugar o 12 de marzo ás 17.30 horas de xeito presencial nas de dependencias de EOI e Pontevedra, Lalín e IES Valle Inclán.
O edil destacou a rede de equipos de dinamización e normalización lingüística dos centros de ensino de Pontevedra “son un luxo”, persoas que traballan de forma desinteresada e sen a que sería imposible manter o traballo e os resultados que se obteñen. O labor dos equipos de Normalización é intachábel e o equipo de Normalización da EOI realiza un traballo continuado ao longo de todo o ano e leva moitos anos realizando ese traballo do que entre outras cousas naceu o certame de microrrelato en galego que chega este ano a súa 16 edición. “Para nós é un orgullo colaborar con elas. Quero agradecer que durante todos estes anos sigan a desenvolver esta e outras iniciativas arredor da lingua”.
Pola súa parte a directora da EOI, María Fernández agradeceu ao Concello a “colaboración para sufragar o certame que é o xeito de premiar o talento das persoas que participan e dinamizan a lingua galega a través del. É unha cita habitual no noso calendario cultural; non é unha competición literaria senón unha forma de demostrar que a Lingua Galega está viva e pode ser empregada en calquera contexto cotiá e tamén para a creación artística. É un formato que atrae públicos moi diversos e especialmente xente nova”.
Elma Barreiro, do equipo de Normalización Lingüística, centrouse no certame, aberto a persoas maiores de 14 anos, alumnas ou non da EOI, que terá lugar o 12 de marzo ás 17.30 horas e do que xa se poden consultar as bases. “Serán coma sempre tres palabras como punto de partida e 110 minutos, con 150 palabras de extensión máxima.