O Concello de Pontevedra cancelará catro contas de NGB

O Concello de Pontevedra cancelará catro contas de NGB

Pontevedra, 12 de xuño de 2013. En cumprimento do acordo plenario, e en solidariedade cos veciños e veciñas afectadas polo roubo das preferentes e subordinadas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou que o Concello pechará catro das contas que mantén abertas en NGB, e que moven un montante de un millón de euros.

Son as vencelladas ás sancións do guindastre, ás infraccións urbanísticas, ao pago de taxas para poder presentarse a oposicións e ás publicacións, boletíns oficiais e anuncios que, segundo os servizos económicos, son as que coa súa cancelación se faría o "menor dano posíbel á cidadanía".

Con esta medida o goberno municipal de Pontevedra quere expresar máis unha vez a súa repulsa ante o atraco dos aforros de miles de galegos e galegas, e que está a levar a moitas familias a vivir uns momentos moi duros.

 

O Concello de Pontevedra cancelará catro contas de NGB