O Concello continúa cos arranxos no barrio da Moureira e repara a rúa Xofre de Tenorio
Pontevedra, 25 de xuño de 2024. A Concellaría de Servizos urbanos básicos, que dirixe Xaquín Moreda aproveita o período entre o remate do curso escolar e o inicio das festas da cidade, para reparar a rúa Xofre de Tenorio, no barrio de Moureira, no treito situado entre o Chalé de Fontoira e a rotonda de Concepción Arenal.
Trátase dunha actuación que a Concellaría foi pospoñendo no tempo porque é necesario pechar ao tráfico a rúa para arranxala. A proximidade dos centros de ensino na zona impedía tomar esta decisión en plena época escolar.
Co arranxo de Xofre de Tenorio, a Concellaría de Servizos urbanos básicos continúa a actuar na zona da Moureira logo de rematar a reparación e reordenación da rúa Domingo de Andrade que permitiu mellorar a seguridade peonil.