O Concello de Barro traslada o seu apoio á manifestación de Queremos Galego

O Concello de Barro traslada o seu apoio á manifestación de Queremos Galego

Barro, 19 de febreiro de 2025. As coordinadoras de Queremos Galego na comarca de Pontevedra, Iria Mariño e Diego Bará, reuníronse a poucos días da manifestación nacional en defensa da lingua, co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes e co concelleiro de normalización lingüística, Iván Bello. Desde o goberno local mostráronlle á plataforma, da que o concello de barro forma parte, o seu apoio á mobilización que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro e que partirá ás 12 horas desde a Alameda compostelá con final na Praza do Obradoiro. 

Baixo o lema "Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística", Queremos Galego fai un chamado á cidadanía galega a se manifestar masivamente nunha xornada tan significativa como é o Día de Rosalía. 

"Cómpre actuar de inmediato para darlle a volta a máis dunha década de políticas en contra do galego por parte do Partido Popular", declarou Mariño. Fernández Abraldes sinalou a situación crítica que está a vivir o idioma propio de Galiza e a necesidade de reverter esa situación e trasladoulle o compromiso do concello de Barro para traballar polo futuro da lingua galega, o elemento máis importante do pobo galego. 

O Concello de Barro traslada o seu apoio á manifestación de Queremos Galego