O Concello de Barro aproba as iniciativas do BNG a favor da reciclaxe e do arranxo de viais
05 feb. 2013 - 20:16
O Pleno do concello de Barro vén de aprobar, a iniciativa do BNG:
- Proceder á colocación de colectores de recollida selectiva, tanto de papel como de envases e vidro en varios lugares de cada parroquia, facilitando desa maneira que os veciños e veciñas de Barro poidan contribuír a que a factura a pagar polo tratamento dos resíduos sexa menor e un maior cuidado do medio ambiente.
- Esixir que para incorporarse a calquera proxecto mancomunado de tratamento de residuos se contemple o obxectivo da redución, reutilización e a reciclaxe dos mesmos, incluído os orgánicos a través da compostaxe.
- Dirixirse á Xunta de Galiza, para que destine os fondos previstos para crear outra incineradora ao financiamento de proxectos mancomunados de reciclaxe e compostaxe, que permitan a creación de emprego, e acadar os obxectivos de recollida selectiva e reciclaxe das sociedades avanzadas.
- Dirixirse ao ministerio de Fomento para demandar o arranxo inmediato tanto da pista que dá acceso ao lugar de Parada como do vial novo que comunica Valbón coa Estación da Portela, restablecendo desta maneira o servizo con que contaban os veciños e veciñas do concello antes de executarse as obras do AVE.