O CENTRO EDUCATIVO TERÁ A SÚA DISPOSICIÓN TRES POSTOS DO PRIMEIRO ANDAR NO QUE REALIZARÁ, A PARTIR DE FEBREIRO, DISTINTAS MOSTRAS E PROPOSTAS GASTRONÓMICAS

O Concello asina co Carlos Orza un convenio para crear un novo espazo de formación e posta en marcha de actividades para o público do Mercado

O Concello asina co Carlos Orza un convenio para crear un novo espazo de formación e posta en marcha de actividades para o público do Mercado

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2023. A concelleira de Promoción económica, Anabel Gulías, deu conta dunha nova actuación dentro do chamado ‘Plan Mercado’, que terá como obxectivo a dinamización dun equipamento fundamental na cidade de Pontevedra como é a Praza de Abastos. 

Antes de ofrecer información da nova proposta, a edil quixo destacar o éxito das úiltimas actividades realizadas no primeiro andar do Mercado ao longo do Nadal, «con moita xente, enchendo de vida un equipamento histórico, algo que para este Goberno é moi importante». A folla de ruta marcada pola área de Promoción económia ten no seu haber unha nova licitación dos postos do primeiro andar, mais antes de que este proceso remate, a concellaría seguirá traballando noutras alternativas para dinamizar ou revivir o Mercado. 

Así, nacido deste esforzo, o Concello anuncia o convenio co CIFP Carlos Oroza co fin de manter e xerar unha actividade novidosa no Mercado, amosando a estreita colaboración entre o Concello e a Consellería de Educación da que depende o centro educativo, dirixido pola súa equipa directiva. “É un luxo ter un centro coma o Carlos Oroza, non só pola calidade e variedade da súa oferta educativa, senón polo seu compromiso coa Boa Vila e a súa disposición a colaborar co Concello e coa cidade”, explicou Gulías. 

“Neste caso, traballamos na posta a disposición dun espazo para o Carlos Oroza no que se desenvolverán diferentes actividades que iremos detallando no futuro, da man da propia directiva do centro”, indicou a edil. “Imos poñer un total de tres postos para uso do Carlos Oroza, o 6A, o 8A e o 10A. 

Tal e como indicou a concelleira, o obxectivo deste convenio é que o alumnado teña unha oportunidade de probar e experimentar en vivo, con público real, as dotes e aptitudes que foron adquirindo durante a súa formación. “Os detalles exactos da actividade serán revelados nos vindeiros días, mais hoxe queriamos anunciar que xa está en marcha e que o mes que vén poderemos gozar das propostas que o Carlos Oroza ten preparadas para o Mercado. Isto vai máis aló da cesión dun espazo e pretende traballar e chegar a crear unha aceleradora de proxectos gastronómicos no primeiro andar”. 

A edil anunciou que a actividade do Carlos Oroza non será diaria no Mercado, senón semanal, por mor do seu carácter didáctico e formativo, lembrando que a ocupación deste espazo non pretende ser un negocio, senón un aporte real e distinto para ao alumnado. 

O Concello asina co Carlos Orza un convenio para crear un novo espazo de formación e posta en marcha de actividades para o público do Mercado