Clamor veciñal pola reapertura do consultorio médico de Ponte Sampaio
A plataforma veciñal Ponte Sampaio-A Canicouva ven de presentar un escrito, recollido nun só día, coa sinatura de 610 veciños e veciñas (máis do 55% do censo) para demandar do SERGAS a inmediata reapertura do consultorio médico de Ponte Sampaio.
Nun momento onde se deberan respectar ao máximo as medidas de confinamento domiciliario -argumentan desde a Plataforma-, non é razonable obrigar a toda a poboación da parroquia a desprazarse a Pontevedra para recibir atención primaria, máxime cando unha grande parte das persoas usuarias do consultorio teñen unha idade avanzada e son un colectivo de alto risco na pandemia co COVID-19.
Os veciños e veciñas afectados non entenden que o SERGAS aluda a uns supostos motivos técnicos para manter o peche do centro, cando ata hai nada estivo aberto coa presenza dun profesional da sanidade.
O peche, denuncian os veciñas e veciñas, está a ocasionar grandes perxuizos ao vecindario que para calquera consulta está obrigado a se desprazar ao ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra, a 11 quilómetros.
Os veciños e veciñas demandan do SERGAS a reapertura do consultorio médico de Ponte Sampaio, de forma que se respecten ao máximo os seus dereitos.