POR UNS COLEXIOS DO RURAL SEGUROS

Os camiños escolares chegan ao rural

Entrada do colexio de Lérez

A filosofía dos camiños escolares e o calmado de tráfico estenderase en breve á contorna dos colexios do rural, tal e como confirmou o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gòmez, ao presentar tres proxectos de calmado de tráfico e deseño de rutas de preferencia peonil para os CEIP San Bieito de Lérez, A Carballeira de Lourizán e San Martiño de Salcedo.

Os camiños escolares chegan ao rural

A filosofía dos camiños escolares e o calmado de tráfico estenderase en breve á contorna dos colexios do rural, tal e como confirmou o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gòmez, ao presentar tres proxectos de calmado de tráfico e deseño de rutas de preferencia peonil para os CEIP San Bieito de Lérez, A Carballeira de Lourizán e San Martiño de Salcedo.

As actuacións previstas inclúen a habilitación de sendas de preferencia peonil ou peonís ao 100%, a implantación de redutores de velocidade (lombos) ou o acoutamento de novos ou reordenados espazos de aparcamento, e suporán un investimento aproximado de 330.000 euros.

Os obxectivos destas actuación son favorecer a autonomía dos nenos e nenas, garantir a súa seguridade, priorizar a mobilidade peonil e do transporte colectivo e calmar o tráfico na contorna dos centros escolares.

 

CEIP San Bieito de Lérez

O proxecto de calmado de tráfico na contorna do centro ten un orzamento inicial de algo máis de 82.000 euros.

A vía que comunica a estrada de Campo Lameiro e a estrada do Castelo até a entrada do centro escolar será unha plataforma única de preferencia peonil e cunha senda peonil diferenciada. Ademais terá un calmado de tráfico radical, con tres lombos redutores na subida ao colexio, limitación de velocidade a 20 km/h e a prohibición de aparcar diante do CEIP en horario escolar.

 

CEIP A Carballeira de Lourizán

A actuación deseñada na contorna deste CEIP ten un orzamento de aprox. 118.000 euros.

Farase un drástico calmado de tráfico na estrada de acceso -sete redutores de velocidade- que arrancará cunha nova beirarrúa que dará acceso a unha senda peonil diferenciada que descorrerá a un lado da vía e que inclúe a recuperación dun vello camiño -treito que será só peonil- e que xerará diante do CEIP unha pequena praza. Reordenarase o espazo de aparcamento e queda por decidir só o punto exacto de subida e baixada do autobús escolar.

 

SALCEDO - colexio

CEIP San Martiño de Salcedo

Neste caso a actuación de calmado de tráfico e reordenación do tráfico na contorna do centro suporá un investimento de algo máis de 128.000 euros.

Retirarase o actual e desordeado aparcamento que hai diante do CEIP e acoutarase o lateral da vía con cabida para 31 prazas, mentres que o camiño que baixa do Pazo ao colexio será peonil. Son algo máis de 120 metros de vía na que non hai vivendas. Aínda así instalaranse tres redutores de velocidade (lombos) para o pouco tráfico que por ela poda chegar a pasar.

O viario da contorna do centro e do aparcamento terá velocidade 20 co fin de garantir a seguridade dos nenos e nenas. 

Os camiños escolares chegan ao rural