Caldas de Reis celebra o talento e a dedicación dos seus Deportistas Galegos de Alto Nivel

Recepción no concello ás e aos deportistas de Caldas recoñecidos como de Alto Nivel
Recepción no concello ás e aos deportistas de Caldas recoñecidos como de Alto Nivel
Caldas de Reis celebra o talento e a dedicación dos seus Deportistas Galegos de Alto Nivel

Caldas, 15 de setembro de 2025. O salón de plenos do Concello de Caldas de Reis converteuse o pasado venres nun espazo de emoción e orgullo colectivo coa recepción oficial ás e aos cinco deportistas do Club Número Phi que acadaron o recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN), coincidindo co quinto aniversario da entidade capitaneada por Lúa Piñeiro e Fernando Rascado.

O DGAN, concedido pola Xunta de Galiza, distingue ás e aos atletas que sobresaen polas súas marcas en competicións galegas, estataisais e internacionais, recoñecendo o seu esforzo, dedicación e compromiso coa excelencia deportiva.

No acto estiveron presentes o alcalde e o tenente de alcalde, xunto coa corporación municipal, quen puxeron en valor o exemplo destes mozos e mozas.

O tenente de alcalde e responsable da área de Deportes, Manuel Fariña, subliñou que “ter cinco deportistas recoñecidos como DGAN nun club que cumpre só cinco anos é un fito histórico. Dende o Concello queremos seguir acompañando este camiño, reforzando o apoio ao deporte base e creando as condicións para que Caldas siga sendo viveiro de campións e campioas”.

A recepción concluíu cun aplauso colectivo que simbolizou o apoio de toda o concello. Este recoñecemento, segundo sinalaron os representantes municipais, é un estímulo para que máis nenos e nenas de Caldas se acheguen ao deporte e soñen en grande, porque segundo sinalaron, para lograr os obxectivos primeiro deben ser soñados e queridos.

Caldas de Reis celebra o talento e a dedicación dos seus Deportistas Galegos de Alto Nivel