Caldas inicia o reparto do calendario municipal de 2026 na nova oficina de turismo

Caldas inicia o reparto do calendario municipal de 2026 na nova oficina de turismo

Caldas, 16 de decembro de 2025.  Concello de Caldas de Reis iniciou o reparto dos seus xa tradicionais calendarios municipais para o próximo ano 2026. O tenente de alcalde Manuel Fariña explica que a concellería que dirixe decidiu este ano ilustrar cada un dos meses do almanaque con imaxes que amosan “as experiencias compartidas” pola veciñanza en actividades culturais, deportivas e festas da vila termal celebradas ao longo deste 2025.

O nacionalista explica que este ano volvéronse editar 4.000 exemplares do calendario, coa idea de que ningunha familia caldense quede sen o seu exemplar. “Para nós é moi importante estar nas casas da xente, e que esta se sinta orgullosa da súa vila e das actividades que organizamos. As imaxes son unha ferramenta poderosa, por iso traballamos para facer un almanaque visualmente atractivo que poida ser un elemento decorativo para acompañarnos no día a día e, ao mesmo, compartir experiencias e lembranzas”, subliña. 

 O Concello aproveitou o traballo de diferentes persoas fotógrafas para conseguir unha pequena “memoria colectiva” do que Caldas viviu ao longo do ano, con imaxes dos eventos máis icónicos de cada mes. Así, o mes de xaneiro está ilustrado por unha fotografía da Cabalgata de Reis, febreiro por unha do Entroido, marzo por unha imaxe do trail Laxe dos Bolos, abril por una foto das actividades de animación á lectura na biblioteca municipal, maio por unha da festa dos maios e xuño por unha imaxe da celebración do San Xoán. 

No segundo semestre, o mes de xullo vén ilustrado polo concerto da Banda de Música con Ortiga, agosto por outra fotografía de bailes tradicionais nas festas de verán, setembro por unha imaxe da xuntanza moteira organizada da man dos ‘Keimaos’, outubro pola carreira de vellas glorias do ciclismo, novembro polo magosto e decembro, pola celebración do Nadal.  

Caldas inicia o reparto do calendario municipal de 2026 na nova oficina de turismo