O BNG solicita a reactivación da Mesa de Coordinación Policial para facer fronte á violencia machista
En febreiro de 2023 creouse a Mesa de Coordinación Polícial co obxectivo de coordinar a loita contra a lacra da violencia machista,coa presenza de membros da Garda Civil, da Policía Local, da directora do Centro de Información á Muller (CIM) e das edís de Igualdade e Seguridade Cidadá.
"Esta mesa é unha ferramenta fundamental que é necesaria para reforzar a coordinación entre o Concello e os corpos de seguridade, e, polo tanto, a eficacia á hora de actuar e previr casos de violencia machista", apunta Marga Caldas.
A pesar da súa importancia, e de que tiña que reunirse de xeito periódico cada catro meses, o actual goberno municipal do PP non a convocou nunca,, o que denota a deixadez do goberno do PP que “ten paralizado este órgano, incumprindo os acordos adquiridos polo anterior goberno municipal do BNG en materia do protocolo Vioxen, que permitiron que se incrementanse substancialmente as axudas en materia de igualdade e prevención”.
Marga Caldas: “A Mesa leva máis dun ano sen convocarse, a pesar de que tiña que reunirse cada catro meses, demostrando o desinterese e a pasividade do PP coa violencia machista no noso concello”
A mesa ten como obxectivo, ademais, lograr unha maior efectividade en cuestións como a atención, prevención e asesoramento ás vítimas da violencia machista.
“A mesa de coordinación policial xunto coa adhesión ao programa de Vioxen, o programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero, son parte fundamental da loita contra a violencia machista, encargadas de garantir a seguridade, protección e atención ás mulleres que sofren a violencia machista, polo que é inconcevíbel a deixadez e a pasividade que mostra o goberno municipal do PP .