NUNHA DAS MARXES HAI UN TERRAPLÉN DE VARIOS METROS
O BNG solicita medidas de seguranza viaria na baixada da Comboa
O BNG ven de solicitar, a petición dos propios veciños, a adopción de medidas de seguridade vial na baixada a Comboa.
A estrada de Comboa é un vial moi transitado no concello de Soutomaior xa que é o camiño empregado polos veciños que viven en Vela, na propia Comboa e mesmo por outros que empregan este vial para acceder a Ponte Caldelas e Ponte Sampaio.
Ademais, trátase dunha estrada na conduce á ponte e ao río, na que existen negocios hostaleiros e mesmo unha casa do pobo, o que incrementa a densidade de tráfico. O problema é que nunha das marxes hai un terraplén de varios metros sen ningunha medida de seguridade, o que supón un perigo evidente para a veciñanza. A isto hai que engadir que é unha zona na que é habitual a presenza de graba, follasca e, no inverno, xiada, o que fai que os perigos para os condutores se multipliquen exponencialmente.
O edís do BNG Alex Pazos e Charo Bouzón rexistraron unha moción na que solicitan que se implanten con urxencia medidas de seguridade nese tramo. Así mesmo lembraron que o goberno do PP de Soutomaior fixo hai escasos meses unha actuación nesa zona con serios problemas de transparencia e legalidade. A chapuza na xestión desa obra foi de tal dimensión que disparou o orzamento inicial ata o punto de que a interventora puxo reparos á hora de realizar os pagos. E agora vemos como, despois dun proceso que se disparou o gasto previsto, os veciños quéixanse de que nin sequera hai barreiras de seguridade.