O BNG solicita a denegación da solicitude de utilidade pública para a liña de alta tensión entre o SET parque eólico Pico Touriñán e SET Tivo
Para o BNG a liña de alta tensión 66/220 kV, entre SET parque eólico Pico Touriñán-SET Tivo, que afecta aos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Portas e Caldas de Reis ocasionaría graves prexuizos ao benestar, a saúde e a calidade de vida das persoas que viven e traballan na contorna.
Filgueira fixo fincapé no momento de presentar as alegacións en que “afecta á maior concentración de arte rupestre ao aire libre de Europa”, co que existe o perigo de descontextualizar o patrimonio cultural e impactar de forma irreversíbel ao patrimonio arqueolóxico.
O proxecto carece de interese social que xustifique a declaración de utilidade pública, e resulta contrario á loita contra o cambio climático e os obxectivos da Estratexia da UE sobre a biodiversidade. Trátase, afirma Filgueira, dun proxecto que “incumpre o recollido na Lei de Avaliación ambiental á hora de identificar, describir e avaliar os posibeis efectos no medio.”