O BNG propón destinar 368000 euros do Fondo Fusións a paliar a fenda dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade

IMG_0171
O BNG propón destinar 368000 euros do Fondo Fusións a paliar a fenda dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade, 18 de novembro de 2020. O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, solicitaralle a Jorge Cubela destinar 368.000€ -do 1.340. 000€ previstos do Fondo Fusións da Xunta de Galiza- ao rescate dos sectores económicos e culturais que manteñen a estructura comercial e social do concello diante da situación de clara parálise e excepcionalidade a causa da covid19. 

Agardamos que estas propostas sexan recollidas no vindeiro Orzamento Municipal e supoñan un mecanismo de choque, resilencia e confianza para autónomos, pequenos empresarios e para a cultura viva e folclórica de Cerdedo-Cotobade

Así pois, o BNG entende que os obxectivos principais de reforzo deben ir encamiñados a: 

  • Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apoio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a fenda dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos. 
  • Axudas directas para autónomos e pequenas empresas. Abrir unha liña de apoio económico a fin de axudar a manter a actividade, a facturación -cando menos para subsistir nestos duros meses que se aveciñan- e os postos de traballo dos autónomos e das pequenas empresas localizadas no territorio municipal. 
  • Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de electricidade e internet. É fundamental contar con redes modernizadas e fibra óptica en todas as parroquias que permita e incentive o traballo online
  • Liña de reflote directa ás asociacións culturais, folclóricas, históricas e musicais a fin de evitar a morte da cultura viva das parroquias e do tecido asociativo municipal. 
O BNG propón destinar 368000 euros do Fondo Fusións a paliar a fenda dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade