O BNG CHAMA Á CIDADANÍA A QUE SE MOBILICE MASIVAMENTE CONTRA A LIÑA DE ALTA TENSIÓN OS COTOS-PONTE SAMPAIO

O BNG promoverá unha frente común contra a agresión eólica

O BNG promoverá unha frente común contra a agresión eólica

Pontevedra, 16 de setembro de 2023. O BNG mantivo hoxe unha reunión con colectivos e persoas dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra para informar e coordinar todas as accións de resposta contra a agresión que supón a liña de alta tensión do parque eólicos dos Cotos cara a parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, que atravesa numerosos núcleos habitados e vai causar unha grande afección tanto ao patrimonio natural, forestal ás augas e á calidade de vida das persoas dos nucleos polos que pasaría.

“Imos levar a cabo accións de mobilización social e de recollida de alegacións para demostrar que hai un grande rexeitamento a este proxecto”, afirmou Bará, ademais de levar o debate ás distintas institucións, desde os concellos afectados ao Parlamento galego.

Bará quixo slientar tamén a importancia que ten neste momento a vía xudicial polos recursos que hai presentados ao parque eólico dos Cotos, que afecta a seis parroquias de Cerdedo-Cotobade, e que “poderían levar á anulación deste proxecto e, polo tanto, ao decaemento da liña de alta tensión prevista entre Os Cotos e Ponte Sampaio”.

Luís Bará reitera que a organización e a mobilización social son fundamentais para evitar este atentado contra a vida no rural, contra o medio e contra as nosas parroquias.

O deputado nacionalista quixo deixar claro que, con independencia do que pase co parque eólico dos Cotos, é “importante que a veciñanza se organice, que se mobilice masivamente e que presente alegacións para evitar que se cometa este atentado contra a vida no rural, contra o medio e contra o futuro das nosas parroquias.

Para finalizar, Luís Bará anunciou que o BNG promoverá unha fronte común de resposta ás agresións que supoñen a grande cantidade  polígonos eólicos proxectados ou en execución en toda a contorna de Pontevedra e en toda Galiza, e que supoñen, en palabras do deputado nacionalista, un ataque contra o país, contra o medio e contra as persoas que viven no rural

O BNG promoverá unha frente común contra a agresión eólica