O BNG insta a adoptar medidas para paliar os danos nos bancos marisqueiros de Arcade

O BNG insta a adoptar medidas para paliar os danos nos bancos marisqueiros de Arcade

O BNG, a través da súa deputada, Montse Prado, presentou unha serie de preguntas á conselleira do Mar interesándose sobre a afectación do banco marisqueiro de Arcade debido ás fortes chuvias das últimas semanas e á apertura das comportas do encoro de Eiras, sobre as axudas que articulará a consellaría para compensar os danos ocasionados e sobre as medidas que se adoptarán para que evitar a repetición deste tipo de incidencias.

Segundo estimacións da Confraría de Arcade, está xa perdida aproximadamente o 90% da produción de ameixa nos bancos marisqueiros que explotan as aproximadamente 100 mariscadoras a pé deste pósito, na enseada de San Simón. O motivo ten a ver coa súbita perda de salinidade provocada polas intensas choivas que afectaron Galiza durante as últimas semanas, aínda que a Confraría de Arcade apunta á posibilidade de que o problema se agudizase co baleirado do encoro de Eiras e o correspondente arrastre de lodos e lamas que finalmente se depositaron sobre os bancos marisqueiros.

En calquera caso, o que está claro é que a este colectivo de 100 mariscadoras estragóuselle a campaña de Nadal, que, historicamente, proporcionaba as maiores rendas de ingreso de todo o ano.  Mesmo está en dúbida a afección sobre a cría de ameixa sementada e, daquela, o risco de vindeiras campañas marisqueiras.

 

 

 

O BNG insta a adoptar medidas para paliar os danos nos bancos marisqueiros de Arcade