BNG e GN apoian a folga estudantil do 26F

BNG e GN apoian a folga estudantil do 26F

gn-roldaPontevedra, 24 de febreiro de 2015. Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas na comarca de Pontevedra unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 26 de febreiro convocada polo estudantado galego. Os Responsábeis Comarcais de Galiza Nova e BNG, Alberte Fernández e Anxos Riveiro respectivamente, explicitaron o apoio de Galiza Nova e BNG á folga estudantil, e afirmaron que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificaron de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Alberte Fernández, “o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de retornar a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas na comarca de Pontevedra unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 26 de febreiro convocada polo estudantado galego. Os Responsábeis Comarcais de Galiza Nova e BNG, Alberte Fernández e Anxos Riveiro respectivamente, explicitaron o apoio de Galiza Nova e BNG á folga estudantil, e afirmaron que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificaron de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Alberte Fernández, “o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de retornar a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Na comarca de Pontevedra está convocada unha manifestación en Pontevedra, ás 12h, dende a Peregrina e unha concentración en Caldas de Reis, ás 12h, ao lado do IES Aquis Celenis

Segundo informan desde as mocidades nacionalistas, na zona de Pontevedra realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos centros IES Chan do Monte (Marín), IES Illa de Tambo (Marín), IES Valga, IES Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Pontecaldelas, IES Cotobade e IES Poio. O responsábel comarcal, Alberte Fernández Silva, indicou que “a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes.” Así mesmo, Alberte Fernández informou da convocatoria dunha manifestación para a propia xornada de folga na cidade de Pontevedra, ás 12h, dende a Peregrina e dunha concentración en Caldas de Reis, ás 12h, ao lado do IES Aquis Celenis. Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade da comarca de Pontevedra a apoiar a Folga Estudantil do 26 de febreiro convocada polo estudantado galego e a acudir ás mobilizacións porque, en palabras do Responsábel Comarcal, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."

 

BNG e GN apoian a folga estudantil do 26F