O BNG esíxelle á Xunta solucione o caos que se está a producir na vacinación do profesorado
Pontevedra, 23 de febreiro de 2021. O BNG, a través do seu deputado responsábel de educación, Manuel Lourenzo, vén de denunciar o caos que se está a producir nos primeiros días de vacinación do profesorado no hospital Montecelo, con “dúcias de ensinantes amoreados e un mecanismo de vacinación nos que se mesturan maiores e menores de 55 anos sen nengún tipo de criterio, e que contradí as propias mensaxes da Xunta de Galiza”.
Esta situación -di Manuel Lourenzo- vén demostrar a “política de bandazos da Xunta que volve a demostrar unha vez máis que non está áltura das circuntancias”.
Desde o BNG esiximos que se solucionen estes problemas e se garanta en todo momento a saúde do profesorado, e se respete o tempo deste profesorado que ten estar agardando mesmo máis de dúas horas nuns espazos que non permiten gardar distancias de seguridade.
O que está a acontecer coa vacinación do profesorado demostra que o “relato do PP arredor da pandemia é tan só iso, un relato, e cando avanzamos e vemos o que acontece na realidade atopámonos con escenas como as destes días”.
“Dende o BNG esiximos solucións, respeto ao profesorado, e que se garanta en todo momento a saúde do corpo docente deste país”, afirmou Manuel Lourenzo