O BNG esixe transparencia sobre a situación da agua da traída en Caldas
O encoro do Umia está a sufrir un gravísimo episodio de contaminación por cianobacterias que redunda moi negativamente na calidade da auga que entra na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) municipal. Debido a isto, o concello está obrigado a reforzar o número de analíticas que se realizan, ademais de realizar analíticas concretas que determinen a cantidade de cianotoxinas presentes na auga que sae da ETAP.
Sen embargo, o Concello de Caldas non está a publicar estas analíticas, que deberan estar publicadas na páxina web municipal e colgadas no taboleiro de anuncios do Concello, no que supón unha gravísima falta de transparencia nun asunto tan sensible como é a auga de consumo que chega aos fogares de Caldas.
Esta gravísima falta de transparencia súmase ao sonoro incumprimento do goberno municipal do PSOE, que se comprometera a asinar un convenio coa USC para que a súa Estación Hidrobioloxía, dirixida por Fernando Cobo, analizase a eficacia dos tratamentos da ETAP municipal na eliminación das cianobacterias e cianotoxinas presentes na auga que entra na potabilizadora.
A falta de transparencia e a inmensa reiteración de compromisos incumpridos, tanto da Xunta como do goberno municipal non fai máis que incrementar a desconfianza das veciñas e veciños na calidade da auga que chega aos seus fogares.
Dende o BNG esiximoslle ao goberno municipal que deixe de ocultar os datos á veciñanza e faga un exercicio de transparencia poñendo inmediatamente a disposición das veciñas e veciños todas as analíticas realizadas, publicandoas no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, así como tamén lle esiximos que deixe de enredar e sexa coherente cos seus propios compromisos.
“A falta de transparencia nun asunto tan delicado como é a calidade da auga que chega ás billas dos fogares de Caldas é absolutamente encandalosa e intolerable” sentenciou Manuel Fariña. Quen engadiu: “O goberno municipal ten a obriga de levar aos fogares de Caldas unha auga de boa calidade, sen embargo, dificilmente se pode confiar nunha auga de consumo da que se ocultan e se agochan as analíticas”