O BNG esixe transparencia coas analíticas da auga de Caldas

image
O BNG esixe transparencia coas analíticas da auga de Caldas

Caldas 24 de novembro de 2020. O encoro do Umia está a sofrer un dos episodios de contaminación por cianobacterias máis graves dos últimos anos (acadando picos que superan os 1,2 millóns de células de cianobacterias por mililitro de auga), o que redunda moi negativamente na calidade da auga que chega ás billas das veciñas e veciños (previo paso pola ETAP)

O episodio de contaminación rexistrado neste 2020, con máis de 1,2 millóns de células por mililitro é o máis grave dos últimos anos, o que pon de manifesto que lonxe de solucionarse a contaminación do Umia vai a máis

Non obstante, ante unha situación desta gravidade o goberno municipal decidiu ocultar deliberadamente a información aos veciños e veciñas, como así se reflicte no feito de que leven máis dun ano sen publicarse na páxina web municipal as analíticas da auga da traída.

Esta gravísima falta de transparencia por parte do goberno municipal súmase ao incomprensible cese do profesor Fernando Cobo á fronte da Estación de Hidrobioloxía da USC, quen precisamente estaba a estudar a incidencia das cianobacterias no proceso de potabilización da auga da traída de Caldas xusto cando as analíticas do Umia comezaban a dar mostras da gravidade do episodio de contaminación deste 2020.

O Goberno municipal do PSOE leva máis dun ano agochando as analíticas da auga da traída de Caldas. A última publicouse en setembro de 2019

Dende o BNG esiximoslle ao goberno municipal que fagan un exercicio de transparencia e deixen de ocultar  a información e os datos á veciñanza poñendo inmediatamente a disposición das veciñas e veciños todas as analíticas realizadas tanto por Fernando Cobo como polas demáis empresas, publicandoas no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web municipal.

“A falta de transparencia nun asunto tan delicado como é a calidade da auga que chega ás billas dos fogares de Caldas é absolutamente escandalosa e intolerable” sentenciou Manuel Fariña. Quen engadiu: “O goberno municipal ten a obriga de levar aos fogares de Caldas unha auga de boa calidade, sen embargo, dificilmente se pode confiar nunha auga de consumo da que se ocultan e se agochan as analíticas”

O BNG esixe transparencia coas analíticas da auga de Caldas