O BNG esixe solucións aos graves problemas de ventilación do conservatorio Manuel Quiroga

conservatorio
conservatorio
O BNG esixe solucións aos graves problemas de ventilación do conservatorio Manuel Quiroga

Pontevedra, 22 de outubro de 2020. O grupo parlamentar do BNG rexistrou no día de onte unha iniciativa no parlamento galego para esixir solucións inmediatas aos problemas de ventilación e temperaturas extremas que se dan con Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

O edificio do conservatorio, padece unha grave deficiencia no deseño do edificio xa que as ventás batentes provocan que a ventilación das aulas sexa prácticamente nula e que no verán se cheguen a acadar temperaturas superiores aos 35 graos.

Pero se esta situación resulta insostíbel para a comunidade educativa en circusntacias normais, no contexto da pandemia, convértese nun risco elevadísimo para a saúde do alumnado e do profesorado, dado que teñen que impartir clases de canto e de instrumentos de vento (actividades calificadas como de alta exposición de aerosois) en aulas sen ningún tipo de ventilación. Esta situación xa foi denunciada na inspección de traballo por parte da CIG.

O deputado do BNG Manu Lourenzo, sinalou que “é urxente resolver este problema. A consellaría comprometeuse hai anos a tomar medidas e o único que fixo até o de agora foi reformar unha soa ventá en todo o edificio. Non son tolerábeis nin as temperaturas que soporta a comunidade educativa no verán nin os riscos aos que están a ser expostos.

Pola súa banda, o deputado do BNG Luís Bará destacou que o conservatorio recibe alumnado de toda a comarca. Alumnado que despois vai a centros de ensino de todos os concellos da contorna, se hai un contaxio no conservatorio pode ter un efecto expansivo en ducias de centros da provincia. É unha irresponsabilidade e esiximos solución inmediatas!

Ensino a distancia sen conexión a internet

Outra das demandas da comunidade educativa é que se dote as aulas do conservatorio de conexión Wi-fi. “Non se entende que no ano 2020 un conservatorio como o CMUS Manuel Quiroga non poida nin sequera impartir educación a distancia nun contexto de pandemia pola falta da máis elemental conexión a internet” Denunciou Manu Lourenzo.

O BNG esixe solucións aos graves problemas de ventilación do conservatorio Manuel Quiroga