O BNG esixe melloras na seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Arcade

soutomaior-grupo-1
Grupo Municipal en Soutomaior

O BNG volve insistir na necesidade de acometer medidas de seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Arcade

O BNG esixe melloras na seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Arcade

O BNG de Soutomaior rexistrou na mañá de hoxe unha moción na que solicita un acordo do pleno para esixir ao ministerio de Fomento a creación de pasos de peóns na entrada norte de Arcade, na nacional 550, despois da ponte de Ferro. 

Segundo sinalaba o concelleiro Alejandro Pazos “trátase dunha zona onde hai unha importante actividade hostaleira e comercial, ademais de varios accesos ao paseo marítimo. A falta de pasos de peóns e de medidas de seguridade nesa zona tan transitada provoca perigos e incomodidade tanto para os veciños que precisan cruzar como para os clientes dos negocios locais á hora de acceder aos establecementos".

Así mesmo, o concelleiro nacionalista sinalou que nesa zona é habitual ver veciños obrigados a cruzar a estrada nacional sen ningún tipo de medida de seguridade; xa que ao haber negocios e aparcamento en ambas as dúas marxes da estrada o tránsito de peóns é constante, co perigo que iso implica.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Manu Lourenzo, sinalou que “hai anos que dende o BNG vimos esixindo que o goberno local solicite medidas de seguridade en toda a N550 ao seu paso por Arcade. É unha necesidade urxente xa que os accidentes nese tramo son constantes e mesmo tivemos xa que lamentar mortes de veciños. Levamos anos agardando, os accidentes continúan e as solución non chegan. Tan só agardo que non teñamos que lamentar máis desgrazas para que se tomen as medidas necesarias” sinalaba. 

O BNG esixe melloras na seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Arcade